
No sorteo dos emparellamentos tocounos cun colexio de Cabanas o CEIP Eladia Mariño que concursaron desde Ferrol e nos tivemos que ir a Vigo. Participamos catro (Adhara, Blas, Cristina e Magdalena) e levamos dou suplentes (David e Sergio). Como eramos tan pouquiños e non podiamos ir en autobús leváronnos a nai de Adhara, a nai de Cristina e o pai de David.

Despois de visitar outro estudio máis pequeno, a discoteca e a pecera onde traballan os técnicos que axudan aos locutores dándolles indicacións, Blas tivo que facer as probas de son xa que el é o noso voceiro.

"No concurso, todos estabamos moi nerviosos. Soou unha musiquiña en sinal de que o concurso comezaba, e empezou! Concursabamos co colexio "Eladia Mariño de Ferrol e Iago (o que facía as preguntas) preguntounos o nome.
Un sorteo a cara ou cruz decidiu quen empezaba a concursar... e tocounos a nos.
Primeiro preguntáronnos a nos, pero fallamos e no rebote acertaron os do outro colexio. Despois pasou o mesmo pero a favor noso. logo acertamos os dous equipos eeehh..... Chegou a pregunta que podía cambiar todo, a pregunta SOGAMA!!! Pero nin os de Ferrol nin nos a acertamos. A quinta pregunta contestámola ben e os nenos do Eladia Mariño tamén.

- Cales son as fontes de enerxía non renovables?
E nos contestamos:
- O petróleo, o gas natural e o carbón.
E ao final si. GAÑAMOS!!!
Esta rolda claro porque aínda quedan máis días e máis unidades que estudar.
Ao final de todo, todos nos demos un abrazo. Despois merendamos nun parque que estaba alí ao lado, e para casa, moi contentos eso si."
Blas (3ºCiclo)
Podedes escoitar o audio do programa neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario