lunes, 30 de noviembre de 2009

viernes, 27 de noviembre de 2009

A Cruz Vermella visita Refoxos

Os días 25 e 26 de novembro viñeron dúas monitoras da Cruz Vermella que se chamaban Paula e neli. Paula explicounos que viñan a falarnos sobre os dereitos dos nenos e das nenas e despois comezamos a traballar.

Noutra actividade déronnos unha ficha na que saían dous irmáns: María e Pedro. Tiñamos que asignarlles a cada un unha serie de tarefas da casa. Por exemplo unha delas era coser unha cortina. Ao final todo era dos dous por que todos temos o deber de contribuír nas tarefas da casa.

Noutro momento déronnos tamén a escoller entre unhas cartolinas de distintas cores nas que pegamos unha ficha. Era as pezas dun crebacabezas nas que estaban escritas as nosas obrigas e dereitos.

Máis tarde fixemos cinco grupos e repartíronnos caramelos. Pero non todos tiñamos a mesma cantidade. Con este xogo quixeron demostrarnos que todos os nenos temos o dereito a ser felices e que hai que compartir.

Outro dos dereitos do que nos falaron era o de ter unha identidade. No vídeo saía unha nena que non tiña nin cara nin nome, uns nenos estaban xogando a saltar á corda e non a deixaron xogar. Logo apareceu unha man e pintoulle unha cara e deulle un nome. Despois a nena acercouse aos nenos e esta vez si que lle deixaron xogar.

Outra actividade que nos gustou moito foi na que saia unha foto do pato Donald na pizarra dixital As monitoras preguntáronnos onde lle daríamos un bico e despois tivemos que darllo á persoa que tiñamos ao lado no mesmo sitio. Aprendemos que non hai que ter vergoña a darlle un bico a ninguén.
Nenas e nenos do 3ºCiclo

viernes, 6 de noviembre de 2009

jueves, 5 de noviembre de 2009