viernes, 18 de diciembre de 2009

Nadal

Xa chega un novo Nadal e parece que foi onte cando nos reuniamos todos no colexio o curso pasado para cantar e celebrar o Nadal e a chegada dun novo ano. Atrás queda xa o 2009,cheo de recordos que sen dúbida nos acompañarán sempre.

Os nenos e as nenas de Refoxos preparamos con moitisima ilusion este festival coa intencion de pasalo ben e que todos vós desfrutedes. E sen máis... comezamos a nosa festa.

En primeiro lugar, as alumnas e alumnos de Infantil vannos deleitar con dúas panxoliñas e moita gracia. Xa veredes que artistas están feitos.



Que vos dicía??? Son os candidatos perfectos para o festival de Eurovisión.

Agora tócalles pasar ao escenario aos alumnos de 1ºCiclo. Seguro que todos vós ides desfrutar moitísimo.


Sigamos agora cos compañeiros e compañeiras do 2ºCiclo Van deleitarnos con dúas interpretación moi curiosas, prestade atención.




E chega o momento da actuacion do 3ºCiclo e a actuación especial de peche na que xunto cos nenos e nenas de 2ºCiclo ofrecerannos un pupurri moi especial que esperamos que vos guste.



E esto é todo. Agardamos que desfrutarades moitisimo tanto como nós.


O CEIP Refoxos desexasvos un BO NADAL E UN ANO 2010 CHEO DE FELICIDADE E LEDICIA!

E MOITOS SOBRESALIENTES!!

Adhara e Cristina. Presentadoras do Festival (3ºCiclo)

lunes, 30 de noviembre de 2009

viernes, 27 de noviembre de 2009

A Cruz Vermella visita Refoxos

Os días 25 e 26 de novembro viñeron dúas monitoras da Cruz Vermella que se chamaban Paula e neli. Paula explicounos que viñan a falarnos sobre os dereitos dos nenos e das nenas e despois comezamos a traballar.

Noutra actividade déronnos unha ficha na que saían dous irmáns: María e Pedro. Tiñamos que asignarlles a cada un unha serie de tarefas da casa. Por exemplo unha delas era coser unha cortina. Ao final todo era dos dous por que todos temos o deber de contribuír nas tarefas da casa.

Noutro momento déronnos tamén a escoller entre unhas cartolinas de distintas cores nas que pegamos unha ficha. Era as pezas dun crebacabezas nas que estaban escritas as nosas obrigas e dereitos.

Máis tarde fixemos cinco grupos e repartíronnos caramelos. Pero non todos tiñamos a mesma cantidade. Con este xogo quixeron demostrarnos que todos os nenos temos o dereito a ser felices e que hai que compartir.

Outro dos dereitos do que nos falaron era o de ter unha identidade. No vídeo saía unha nena que non tiña nin cara nin nome, uns nenos estaban xogando a saltar á corda e non a deixaron xogar. Logo apareceu unha man e pintoulle unha cara e deulle un nome. Despois a nena acercouse aos nenos e esta vez si que lle deixaron xogar.

Outra actividade que nos gustou moito foi na que saia unha foto do pato Donald na pizarra dixital As monitoras preguntáronnos onde lle daríamos un bico e despois tivemos que darllo á persoa que tiñamos ao lado no mesmo sitio. Aprendemos que non hai que ter vergoña a darlle un bico a ninguén.
Nenas e nenos do 3ºCiclo

viernes, 6 de noviembre de 2009

jueves, 5 de noviembre de 2009

martes, 6 de octubre de 2009

Monicrequeando

Hoxe fomos ao colexio de Arrabal ver unha obriña de teatro de monicreques que se chamaba "A Rebelión do Monicreque". Organizouna o programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa editorial Galaxia e os actores eran da compañía de teatro e monicreques "Matapiollos" .

A obra conta a historia duns monicreques chamados TRAPOS e ANTEOLLOS. Un deles non estaba moi contento de ser monicreque e decide converterse en neno para poder xogar coa súa dona Ofelia.


Pasámolo moi ben porque foi moi divertida e ademais regaláronnos unha bolsa cun libriño que ten dúas partes: na primeira ven a historia do “Rato Pincho” e na segunda que se chama "Monicrequeamos” é onde veñen as instrucción para construír monicreques con materiais que temos por casa.

jueves, 1 de octubre de 2009

Un saudiño para tod@s

Bueno, aquí estamos por fin. Somos a comunidade escolar das parroquias de Loureza e Burgueira no concello de Oia

Neste mural podedes ver toda a nosa bisbarra, na parte superior dereita ainda que se ve moi pequeniño esta o letreiro que indica a dirección cara Baiona e abaixo no centro a do Rosal.

A nosa intención é ir pouquiño a pouco compartindo con tod@s vos as nosas vivencias do día a día no colexio: as tarefas, as saídas culturais, os festivais, as exposicións, as experiencias Voz Natura... en definitiva todo aquelo que ten un significado especial para nos.